😈A INIMIZADE😈, con Lucía Estévez e Miguel Canalejo
Café Derby 21 - A podcast by Café Derby 21
Categories:
😈Estamos de volta😈 Logo dun fin de temporada inesperado, queremos retomar o fío que alí tendemos. As persoas privilexiadas puideron escoitar o noso programa adicado á amizade, por iso agora queremos facer o oposto. Abrimos a terceira tanda de Café Derby 21 parolando en directo no Café Universal da Coruña sobre: 🔥A INIMIZADE🔥 Para iso contamos con parte da nosa familia, Lucía Estévez e Miguel Canalejo, dúas persoas 360 do audiovisual galego. Recordamos a historia de Joan Crawford e Bette Devis para reflexionar sobre egos, pelexas de divas, inimizade patriarcal ou rivalidade de prensa Tamén falamos sobre o «Enemies to lovers», o que vén sendo de inimigos a amantes. Con varios exemplos populares e apoio psicolóxico, debatimos sobre como facer unha relación amorosa non tóxica cando namoras desa persoa que detestas. Taylor Swift, Kanye West, Stalin e Plutarco asomaron polo programa para explicar unha nova fonte de enerxía renovable: a loita por gañar ao inimigo. Cada un de nós expón a súa teoría sobre se é positivo ou non alimentarse do inimigo e procurar gañarlle sempre para asegurar que dás o 100% de ti 💪 ·